En Bioloxía-Xeoloxía traballamos co alumnado de 1º ESO contidos de Biodiversidade, ecoloxía e os impactos que están a sufrir os ecosistemas forestais galegos.
Os bosques de ribeira do río Verdugo. Achegámonos aos coñecementos sobre os bosques de ribeira do Río verdugo levando ao alumnado de paseo pola nosa localidade para estudar "in situ" o estado da veetación de ribeira. Visitamos a EDAR de Ponte Caldelas e tamén unha exposición interactiva do CSIC sobre a xestión da auga no mundo, "A esfera da auga".
Puidemos observar o estado de degradación do bosque de ribeira invadido pola mimosa, Acacia dealbata, especie foránea e invasora. Nótase unha notable erosión das marxes do río e invasión da zona de ribeira por infraestruturas como canalizacións e estradas. Polo outro lado temos presencia de barreiras artificiais (azudes e presas) que cambian a hidrodinámica do río afectando á súa biodiversidade. O alumnado foi tomando nota de todo e identificando as especies de árbores máis representativas.
Nas horas de desblobamento traballamos temas como a xestión do monte en Galicia e os lumes forestais, coa lecturas de artigos e visionado de vídeos que nos levaron á reflexión e ao debate. Material utilizado:
Incendios, un ano despois. Savia Nova.
Dsitribución territorial de Galicia. Savia Nova.
Realizamos unha visita ao monte de Teis para coñecer "in situ" un modelo de xestión do monte que comezou xa hai casi tres décadas e que conseguíu transformar unha superficie invadida polo eucalipto e mimosa nun bosque mixto de especies autóctonas máis resiliente frente aos lumes.
Na terceira avaliación centrámonos no coñecemento da nosa biodiversidade co estudo das especies vexetais e animais máis representativas do noso monte. O alumnado, en grupos de tres, realizaron fichas descritivas das especies máis comúns, utilizando guías da biblioteca e páxinas web recomendadas. Todas as fichas serán agrupadas nun catálogo que será compartido por todos. Ademáis están preparando exposicións orais sobre as especies descritas.
Páxina web creada pola profesora Isabel Torres Jack. Departamento de Tecnoloxía do IES de Ponte Caldelas
Esta página web ha sido creada con Jimdo. ¡Regístrate ahora gratis en https://es.jimdo.com!