DESEUCALIPTIZAMOS TOD@S

 

 

 

Nos meses a seguir , mantemos e coidamos os traballos realizados coa axuda dos capataces forestais. O alumnado de 1º da ESO en horas de desdobre de Bioloxía percorre a superficie traballada, preto do centro escolar, e elimina especies invasoras pirófitas. Ademais mantén os protectores das árbores plantadas que as veces caen ou son levadas polo vento.

Entre tanto, en labores de aula, trabállase a biodiversidade do bosque autóctono. 

O resto do alumnado aproveita as horas de titoría para ir eliminado especies foráneas co fin de conseguir un bosque autóctono que nos protexa de futuros lumes.

 

 

 

 

Este proxecto implica unha vinculación afectiva co territorio. O alumnado que este ano está en 2º ESO xa comezou o ano pasado, con 12/13 anos a formar parte das brigadas de sementar para protexer a terra despois dos lumes. Este ano volven formar parte delas para plantar.

Estas actividades vinculan, fan reflexionar, están a ver medrar as árbores e van ir coidándoas. Están a sentir un apego polo proxecto relacionando a mellora da paisaxe cos labores de restauración que facemos. 

 

 

 

 

O alumnado da Escola de Lourizan instalounos protectores para reducir riscos, tanto pola presenza de cabras que veñen pastar como a de coellos.

Nesta imaxen vemos acivro (Ilex aquifolium) plantado.

axudas doutros grupos

 

 

 

 

 

 

O IES Luís Seoane de Monteporreiro colaborou nunha xornada de traballo na deseucaliptización. Foron acompañados por alumnado do IES de Ponte Caldelas de 4º da ESO e 1º de Bach.

 

 

 

 

 

 

 

En fin de semana viñeron axudar a deseucaliptizar xente da asociación internacional CISV de intercambio de xente moza.