aCHEGAS de tecnoloxía ao proxecto: complementar a exposición de aves de galicia con aves de chapa de aluminio

TRABALLO DENTRO DO PROXECTO "O MONTE VIVO": aves en chapa de metal

No marco multidisciplinar deste Proxecto, estudamos a biodiversidade do terreo que nos rodea, cunha exposición de Aves de Galicia, traida do CEIDA, que completamos desde Tecnoloxía, 2º da ESO, con aves de chapa de metal.

A realización deste proxecto de metal está encadrada no tema de "materiais" e valórase o traballo en equipo, o uso habilidoso das ferramentas e a orde e o coidado no taller. Nun inicio deseñamos a ave a partir de debuxos inspiradores que extraemos de internet. Con eses deseños debuxamos as pezas de cada ave. Indicamos onde e como se van unir as pezas e a empezamos a traballar.

As chapas de aluminio que se entregan son de 40 x 30 cm. Córtanse con tesoiras corta-chapa, líxanse con limas de metal. Fúranse co trade de columna e posteriormente únense as pezas con parafusos rosca-chapa.

O procedemento do traballo reflíctese nas seguintes imaxes:

 

O Resultado dos traballos de aves en chapa de aluminio:

atención á diversidade

Os Proxectos en Tecnoloxía teñen unha capacidade impresionante de seren integradores. O alumnado con problemas de aprendizaxe, que incluso ten necesidade de apoio na aula ou dun curriculum diferente, ACIs, teñen unha actitude diferente á hora de realizar proxectos manuais. Moito deste alumnado ten unha especial habilidade coas ferramentas e os diferentes materiais, sendo ordenados e estilosos nos seus traballos. Ata son capaces de rematar rápido a tarefa e axudar aos demais, aumentando a súa autoestima.