Como comezamos este Proxecto?

Cando chegou o lume

No mes de outubro de 2017 veu o lume á porta da casa. O alumnado ficou triste, o profesorado igual, decidimos actuar.

A escola de Lourizan apuntouse

Reunímonos e decidimos comezar os labores de restauración. O principal era reter o solo queimado. 

Trouxemos sementes en sacos, e esparcímolas por toda a superficie. 

E comezamos a sementar e plantar

Fixemos brigadas mixtas  formadas por varios alumnos de Lourizán , que actuaban de monitores, e varios do insti, de 1º da ESO.  Foron os primeiros traballos conxuntos, curso 2017/18.


 

 

 

En todo momento contamos coa axuda da Asociación Ecoloxista que surxe a partir dos lumes de 2017, "A Rente do Chan". Este grupo de veciños de Ponte Caldelas, entre os que destacan familias de alumnado do IES, xorde para que non se repitan os efectos devastadores dos últimos lumes. Deseña un plan de prevención a través da limpeza das faixas de protección e mais un plan de evacuación por se volve a repetirse. Nestes momentos non se está a aplicar pola dificultade de xestionar dende o Concello tanta superficie con necesidade de limpeza ou desbroce. O que si está a facer A Rente do Chan é unha custodia de fincas a monte na zona de Gradín, que se suma á custodia que o instituto ten en colaboración coa Comunidade de Montes de Cuñas.

 

 

 

 

 

Tivemos o asesoramento e apoio dos  Axentes de Medio Ambiente chamados Vixiantes de Recursos Naturais que están destinados na Cunca do río Verdugo, pertencentes á Consellería de Medio Ambiente, que nos supervisaron os traballos de restauración, indicándonos a biodiversidade que tiñamos que protexer e respectar, anfíbios, aves, mamíferos, na área de custodia. 

O Concello proporciónanos material vexetal e carretas.