PROXECTO MEMORIA

o proxecto memoria

Introducción: 

Este proxecto, que consiste na recuperación da memoria Histórica sobre os sucesos da Guerra Civil na comarca onde vive o noso alumnado, introdúcenos en conceptos de Memoria Histórica a través dun proceso de aprendizaxe activo e ameno desenvolvendo competencias transversais tales como o sentido crítico, o traballo en equipo, a toma de decisións e a creatividade así como o desenvolvemento dunha cidadanía activa e un mellor coñecemento sobre o pasado que ten influencia segura na sociedade na que vive o alumnado na actualidade. 

Dando ao alumnado o coñecemento histórico de feitos pasados concretos e aprendendo que todo contribúe á construcción da identidade e da memoria colectiva, estamos animando a analizar críticamente cómo se recordan estes feitos axudando así a entender a sociedade na que viven. 

 

 

Obxectivos do proxecto:

  • Dar a coñecer os feitos do pasado da comarca e comparalos con outras realidades europeas.
  • Adoptar un enfoque activo no proceso de aprendizaxe, de xeito que o alumnado participe como suxeito activo.
  • Introducir temas ou aspectos do curriculum escolar que tradicionalmente foron excluidos da educación académica.
  • Usar tecnoloxías multimedia para grabar testemuñas de feitos pasados como un dos resultados do proceso de aprendizaxe.
  • Mellorar a capacidade de traballo, o sentido crítico e a toma de decisións do alumnado.
  • Favorecer o diálogo interxeneracional.
  • Desenvolver a creatividade para expoñer os resultados das entrevistas en produtos creativos e divertidos.

 

A metodoloxía:

 

Recurrimos a unha metodoloxía europea chamada "Sharing European Memories at school", traballando coa memoria histórica na aula.  Inicio | SEM@s (aranzadi-zientziak.org)

Esta metodoloxía defínese cunha serie de pasos ou secuencias didácticas que se van adaptando según o nivel educativo:

 

Fase 1: Análise dos conceitos de historia e memoria. Diferencias. Guerra civil española e posguerra.

 

Fase 2: Entrevistas as familias do alumnado que viviron ou escoitaron historias dos feitos históricos estudados, no noso caso, a guerra e a posguerra civil española. 

 

Fase 3: Análise das entrevistas no contexto histórico, dende unha mirada que inclúa o papel das mulleres, a fame e a pobreza e a dureza xeral da época.

 

Fase 4: Elaboración dun traballo creativo que combine información histórica con memorias descubertas, dende un punto de vista crítico.

 

Fase 5: Coñecer e compartir experiencias levadas a cabo noutras escolas a través dos seus materiais, creacións e experiencias persoais sobre a memoria. 

 

Departamentos participantes: 

Departamentos que participan no proxecto: Xeografía e Historia, Lingua galega, Tecnoloxía,  Antropoloxía, Lingua castelá e Latín. 

Cursos que participan: 1º, 2º, 3º e 4º ESO. 1º Bac e 2º Bac.

 

resultados das investigacións

Resultados da investigación do alumnado de 4º ESO sobre a Memoria Histórica e as súas pegadas a día de hoxe. 

No es posible ver el contenido de Powr.io debido a tu configuración de cookies actual. Haz clic en la Política de cookies (funcional y marketing) para aceptar la Política de cookies de Powr.io y poder ver el contenido. Puedes encontrar más información al respecto en la Política de privacidad de Powr.io.
No es posible ver el contenido de Powr.io debido a tu configuración de cookies actual. Haz clic en la Política de cookies (funcional y marketing) para aceptar la Política de cookies de Powr.io y poder ver el contenido. Puedes encontrar más información al respecto en la Política de privacidad de Powr.io.
memoria histórica de Uxía Iglesias Garrido

TRABALLO CREATIVO

Nas aulas de Tecnoloxía e Dixitalización en 1º ESO, realizamos traballo creativo a partir das entrevistas realizadas nas casas aos familiares do alumnado sobre historias da guerra e a post-guerra. 

O primeira paso foi a recollida de historias, que se complementaron cun debuxo transformado coa aplicación "Befunky" de deseño gráfico.  Posteriormente realizaron un vídeo cos eses debuxos e a historia con sensación de movemento. E, finalmente, un POP-UP de cartolina coa mesma temática, que vai ser presentado  ao alumnado de 6º de primaria como parte do proceso da xornada de acollida que temos o 5 de Xuño.

Pod-cast realizado en 4º ESO, na materia de Lingua galega no marco deste proxecto MEMORIA, coa colaboración de Tecnoloxía.

REALIZACIÓN DE VIDEOS

A partires da información obtida no ámbito familiar, realizaron un vídeo en CANVA que reflexa a historia debuxada. Os resultados son os seguintes:

A voz da memoria

O seguinte vídeo está realizado a partires de enquisas realizadas na familia do alumnado do Departamento de Filosofía, na materia de Antropoloxía de 1º Bac e Psicoloxía de 2º Bac. Tantos as preguntas da enquisas como a montaxe do vídeo levou unha mirada feminina, analisando as dificultades que atravesaron as mulleres na época da guerra e a posguerra.

REALIZACIÓN DE POP-UPS

Como parte do traballo creativo, e aproveitando os debuxos realizados inspirados na historia da guerra civil recollida na casa, deseñaron un POP-UP que explica a historia. A idea é que o alumnado de 6º de primaria que chega na xornada de acollida de Maio, teña algún proxecto feito por nós para que lle resulte atractivo o instituto.

Textos comparativos en 1º Bac

a alemaña nazi e a españa franquista

 Investigamos que é a Memoria Histórica e o tratamento a nivel institucional que se fai da mesma na actualidade. Comparamos o tratamento que se lle da a estos sucesos en dous paises que sufriron un réximen fascista como a Alemaña nazi  e a España franquista. Esto faise na materia de Historia do Mundo Contemporáneo en 1º de Bac e os resultados preséntanse a continuación: 

No es posible ver el contenido de Powr.io debido a tu configuración de cookies actual. Haz clic en la Política de cookies (funcional y marketing) para aceptar la Política de cookies de Powr.io y poder ver el contenido. Puedes encontrar más información al respecto en la Política de privacidad de Powr.io.

charla de lola varela

Lola Varela, docente xubilada e especialista en coeducación, visitounos este curso, concretamente achegouse ás aulas de 2ºESO e 2º BAC. Falounos  da República, do golpe de estado e da posterior represión da Galiza, especialmente sobre as mulleres, e tamén puxo en valor a guerrilla galaica. 

Club de lectura 4º eso

Dentro do proxecto Memoria Histórica o alumnado de 4º ESO sumámonos a un club de lectura coordinado pola profesora de Lingua Galega. Lemos dous títulos: unha novela, Agosto do 36, de Xosé Fernández Ferreiro e unha pequena obra de BD, Compañeiros, de Xosé Tomás. Agosto do 36 conta unha historia de amor e terror, a que viven dous mestre de ideoloxía republicana na época da guerra civil. Compañeiros relata un suceso real, o intento de fuxida duns republicanos desde O Portiño, na Coruña. Por certo que queremos agradecer a xenerosidade da Comisión da Recuperación histórica da Coruña que nos enviou de balde varios exemplares. Cada un/unha de nós escolleu fragmentos que lle gustaran ou impactaran especialmente. A partir deles creamos poemas, reflexións, debuxos.. e logo puxemos todo en común. Ambas as dúas lecturas permitíronnos coñecer mellor como se viviu a represión e tamén o medo e mais a valentía duns homes e mulleres que defenderon a liberdade e a democracia en tempos ben complicados. 

 

 

 

Visita aos lugares de interés da represión en pontevedra

 

Como parte da programación deste proxecto, o alumnado de 4º ESO e as profesoras, fumos de visita aos lugares da represión na cidade de Pontevedra co profesor Xosé Álvarez Castro, investigador e escritor de libros sobre a represión en Pontevedra. O recorrido foi o seguinte: 

 

1. Ponte do Burgo.

- Referencia a lugares de execucións: Alto da Caeira e Avda de Bos Aires. Impacto na poboación pontevedresa.

- As mulleres como vítimas e como protagonistas na resistencia. As protestas na praza de abastos na década dos corenta. As mulleres no estraperlo.

2. Teatro Principal.

- A represión da masonería (referencias masónicas na zona) e do galeguismo (sede do partido galeguista).

3. Monumento héroes de Ponte Sampaio.

- O golpe militar. Resistencia no concello. Bando de guerra.

4. Palco de música da Alameda.

- Resistencia no goberno civil. Os consellos de guerra.

5. Edificio da antiga Normal e delegación de educación.

- Represión do profesorado.

- Cárcere provisional. Cerca está o antigo cárcere provincial (Audiencia). Condicións das prisións.

- As “sacas”.

6. Praza de Barcelos.

- Centros de represión: Cuartel da Garda Civil e da Garda Cívica. Os “paseos”.

 

 

Fotos da visita

ENTREVISTAS SOBRE O FRANQUISMO (2º ESO)

Ao longo deste curso o alumnado de 2º ESO realizou unha serie de entrevistas sobre como se viviu o franquismo na nosa contorna. Así, puideron conversar con familiares e veciños/as arredor desta época afastada no tempo pero próxima na memoria. Parabéns polo seu traballo e grazas a todas as persoas que participaron.

 

Velaquí unha pequena mostra do traballo realizado: 

 

 

Pincha nas seguintes ligazóns para acceder ao contido doutras entrevistas realizadas polo alumnado de 2º ESO: