Videos elaborados polo alumnado de 2º e 4º ESO en tecnoloxía e TIC

Dentro da actividade interdisciplinar do Monte Vivo realizamos estes videos coa aplicación CANVA e os montamos con "Open shot video edition". O tema para o deseño foi a aldea de cada un. Tiñan que recoller algo de información en canto lendas, tradicións, formas de vida, sacar fotos ou videos do patrimonio e montalo todo nun póster cun son grabado por eles do rural.

actividades de campo no monte vivo

Este curso 21/22 comezou cunha reunión entre os colectivos implicados, A Rente do Chan, a CCMM de Cuñas, a Escola de Lourizán e as profes do Monte Vivo. Planeamos as actuacións deste quinto curso de proxecto. De primeiras fixemos dúas actuacións de outono en Novembro dividindo ao alumnado de 2º en dous grupos. Formamos equipos cos monitores de Lourizán e actuamos na área de debaixo das liñas eléctricas plantando quercus, acivro e achillea. Continuamos as faenas eliminando acacia coa arrincadora de raíz ou descascando para o seu control.

 

Na foto estamos presentes Jesús de la Fuente e Carmela Alfonso profesores do CFEA de Lourizán, Elvira Crespo presidenta da CCMM de Cuñas, Gloria Bustingorri, de A Rente do Chan e as profes do IES, Chus Diéguez, Susana Trigo e Isabel Torres.

O sábado 20 de novembro complementamos as actuacións de limpeza cun equipo formado por membros da ANPA, nais, fillos e fillas, profesoras e unha membro da asociación A Rente do Chan.

Proceso de plantación de outono con Lourizán

 

 

 

 

Os días da convivencia entre o centro de Lourizán e o IES repartimos material : planta, estacas e ferramentas traído directamente desde a escola de capataces forestais.

 

 

 

 

 

 

Fixemos equipos entre os dous centros educativos implicados no proxecto.

 

 

 

 

 

 

 

Achegámonos á zona de custodia andando e levando ao lombo a ferramenta, a planta, o abono e o entusiasmo.

fotos das faenas realizadas nas xornadas con lourizán

xornada voluntaria en sábado coa anpa e a rente do chan

proxecto monte vivo integrado no voz natura

Solicitamos un proxecto no Voz Natura e foísenos concedido. Consiste na realización dun camiño para que a xente do pobo faga rutas ao redor do instituto pola zona de custodia que  bordea e que está plantada de árbores autóctonas, chegue arriba e se sente nun banco que imos instalar, coa axuda do Concello. 

 

 

 

 

 

 

Proceso de colocación dun banco desde onde avistar os meandros do río Verdugo, dentro do recorrido do sendeiro que estamos deseñando. O Concello de Ponte Caldelas doounos un banco dos que xa non se usan.

 

 

 

 

 

 

 

No marco de Voz Natura deseñamos este cartel para colocar na entrada do instituto marcando o sendeiro que leva pola zona custodiada mostrando o traballo de eliminación de pirófitas, inda queda moito traballo por facer, e plantación de frondosas.

O RESULTADO:

Trípticos realizados en 2º da eso no proxecto "aldea oculta"

O proxecto "Aldea oculta" xa ten dous anos de vida e consiste en elaborar trípticos acerca das aldeas do alumnado de 2º ESO. Os textos redáctanse en Linguas e na materia de Tecnoloxía deséñase o tríptico en CANVA. A seguinte fase será imprimilos e expoñelos no hall do instituto. 

Por outra banda organizamos o concurso da "Aldea Oculta", dando unha serie de pistas para descubrir 3 aldeas de entre todas as que compoñen os tres concellos nos que vive o noso alumnado, A Lama, Fornelos de Montes e Ponte Caldelas. Unha de cada un. A aula que máis pistas acerte leva o premio. Cada día da semana sácase á luz unha das pistas e dende a materia de lingua galega xestionan os gañadores. 

Concurso "Aldea Oculta". Resolución da segunda semana, a aldea escollida era O Peso, en San Lourenzo de Escuadra dentro do concello de A Lama.

TRABALLOS DE TECNOLOXÍA RELACIONADOS COA XESTIÓN DO TERRITORIO

Na materia de Tecnoloxía en 2º ESO traballamos co Visor Xeográfico da Xunta para elaborar un arquivo coa localización e algunha característica das fincas de cada familia na súa aldea. Utilizan unha presentación en google e as páxinas do catastro e do visor da xunta. Gracias á colaboración das familias proporcionando a referencia catastral ou a localización das fincas, o alumnado as mide e fai un traballo de recoñecemento do seu territorio engadindo fotos e videos.  Neste enlace podes ver os traballos. A seguir expoñemos un exemplo:

No es posible ver el contenido de Powr.io debido a tu configuración de cookies actual. Haz clic en la Política de cookies (funcional y marketing) para aceptar la Política de cookies de Powr.io y poder ver el contenido. Puedes encontrar más información al respecto en la Política de privacidad de Powr.io.

Traballos de biodiversidade realizados en TIC 4º ESO