O MONTE VIVO NO IES DE PONTE CALDELAS CURSO 2022/23

O Monte Vivo é un proxecto que leva existindo dende o 2017. Comezou cos lumes dese outubro e ano a ano transformamos o entorno do centro educativo, ao redor de 4 hectáreas, sustituíndo especies pirófitas, eucalipto e acacia, por especies autóctonas máis resilientes frente ao lume, carballo, érbedo, sobreira, bidueiro e loureiro entre outras. Levamos plantadas cerca de mil exemplares. Cada curso escolar organizamos xornadas de traballo onde o alumnado de ciclos forestais de Lourizán actúan de monitores do noso alumnado, creando así unha dinámica moi motivadora para ambos centros.

Póster do Sendeiro do Valdarrosa

 

 

 

Este comezo do curso chegou con material novo. Este póster deseñado polo equipo de proxectos e o alumnado de TIC de 4º o curso pasado, por fin foi feito realidade e transformado nunha cartace colocada na parte exterior do centro para promocionar un proxecto no que andamos metidos desde o 2017 e que tanta ilusión nos fai ano tras ano, O Monte Vivo. Este cartace sinala un sendeiro que xa existía en parte e estamos a marcar para que a xente do pobo veña a camiñar e visualice unha parte do río con meandros que non se ve desde ningun outro sitio. Ademáis está a colocación dun banco donado polo concello desde onde se pode disfrutar da paisaxe. O cartace está sufragado polo proxecto Voz Natura no que tamén estamos implicados por segundo ano. 

Esta actividade é un exemplo de Aprendizaxe-Servizo deseñado e promocionado polo alumnado para o disfrute do pobo.

COMEZAN AS ACTIVIDADES DE CAMPO

Comeza un novo curso para nós e iniciamos as actividades do Monte Vivo cunha reunión de preparación das actividades precisas para o mantemento da área de custodia. A 13 de setembro de 2022, Jesús de la Fuente e Carmela Afonso, de parte do CFEA de Lourizán, Ana da CCMMVV de Cuñas,  Isabel Torres por A Rente do Chan e o IES  e Saleta de los Arcos por parte do IES de Ponte Caldelas. Revisamos toda a plantación, o máis destacable foi o éxito que tiveron os érbedos, as sobreiras en segundo lugar. Están medrando pinos na primeira zona, decidimos deixalos ata que tiveran unha altura na que decidiríamos si cortar ou non. Moitos érbedos precisan ser liberados do seu protector. Hai que repoñer algunha planta. Na segunda zona todo está moi ben, achillea, érbedo, sobreira, bidueiro, louereiro, excepto os acivros, que se queimaron co calor deste verán. Na terceira zona solicitamos á CCMM que nos limpe as silveiras cunha desbrozadora de cadenas para que o alumnado poda entrar a sinalar e coidar os carballos que están medrando. 

Programaremos as actividades de campo para os meses seguintes, faranse equipos de traballo co alumnado do IES e o da escola forestal.

Descrición das actividades realizadas na xornada de traballo xunto con Lourizán (chaleco laranxa)o martes 8 de novembro.

 

 

 

 

 

Actividades de campo realizadas: 

 

Plantación de: Pyrus silvestre,  Prunus espinosa,  Betula alba, Crataegus monogyna, Laurus móbiles, Arbutus unedo, Prunus lusitanica, Santolina semisentata, e sementes de Trifolium pratense, Lotus corniculatus, Acer pseudoplatanus.

Esparcéronse sementes de Verbascum tapsus, Achillea millefolum e Artemisa vulgaris.

Eliminado de acacia e eucalipto.

Galería de fotos do día de traballo:

 

 

 

 

 

Alumnado de Lourizán indicando o método de plantar:

Situación na que se atopa a área de custodia despois de seis accións de plantacións conxuntas con Lourizán:

 

 

 

 

 

Os toxos abundan e non permiten ás árbores medrar con comodidade máis tamén os protexen dos ataques do porco bravo.

DESCASCADO DE ACACIA

 

 

 

 

 

 

Nas saídas en clase de Bioloxía, Titorías, Tecnoloxía, Lingua, Sociais realizamos tarefas de mantemento, como descascar acacias. Para eso collemos pedras, a falta de ferramenta específica, e sacamos a codia da acacia para que morra.  Por recomendación dos axentes de medio ambiente garda ríos, ao sacar unha parte da casca da acacia acaba morrendo. Nas seguintes fotos apréciase o proceso de descascado realizado polo alumnado de 4º ESO:

PROGRAMACIÓN EN SCRATCH 

En Tecnoloxía de4 º ESO, dentro do tema de Programación deseñamos un Scratch en forma de xogo coa temática do Monte Vivo. Xoga con nós e tala eucaliptos¡¡¡

Mandos: letra W para subir, letra S para baixar A para a esquerda e D para a dereita. Coa barra espaciadora talas e colocas estaquillas que serán futuros árbores.

XOGA CON NÓS¡ 

En 1º ESO Tecnoloxía e Dixitalización tamén programamos con Scratch unha historia que nos reflexase o Proxecto do Monte Vivo. Dalle á bandeiriña verde para que te empecen a contar a historia.

Outras actividades: 

Día 10 de febreiro reunión entre a CCMM de Cuñas, Ana e Elvira, representantes do centro de forestais de Lourizán, Carmela e Xesús, representante de A Rente do Chan, Gloria, e as profesoras implicadas no proxecto María, Isa, Susana e Chus. Para decidir estratexías de mantemento da área de custodia e futuras actuacións. Cada organismo se comprometerá a cumplir certas medidas para que, entre todos, consigamos que a área quede perfectamente mantida. Nas seguintes fotos vemos a axentes garda ríos do Verdugo Oitavén, recorrendo a área de custodia coas profes para decidir as labores de mantemento máis urxentes.

Traballos de mantemento da área de custodia: 

Eliminación de xesta que impide o correcto medre das árbores prantadas, replantado de planta que quedou desprazada polas abundantes chuvas, compra de estaquillas para marcar árbores e defendelos cando se desbroce, pintado de ditas estaquillas....

Aportación da brigada de Garda Ríos do río Verdugo dependentes da Consellería de Medio ambiente: Descascado dunha zona difícil. As imaxes que seguen demostran o gran traballo realizado por estes grandes colaboradores. 

En Tecnoloxía 4º ESO, a actividade relacionada co Monte Vivo foi xeolocalizar as árbores plantadas cunha aplicación paraa o móbil do IGN, para, despois, descargar eses weypoints en arquivos para Google earth. O resultado é o seguinte:

 

 

 

ACTIVIDADE DE RECOÑECEMENTO DE ESPECIES DE RIBEIRA

 

Realizamos unha actividade de identificación de variedades de árbores, fentos e musgos e micro-invertebrados polas beiras do río Verdugo. O alumnado participante foron os 70 alumnos/as de 1º da ESO. Cunhas fichas que levaban sistemas de identificación recoñeceron os principais habitantes das beiras do río, amieiro, carballo, bidueiro, salgueiro. 

voz natura no monte vivo

Neste curso, 22/23, seguimos participando no programa da Voz de Galicia, Voz Natura. Este curso nos concederon 500 euros que dedicamos á compra de ferramenta. Mazas, trenchas, serruchos e pintura, que imos utilizar para colocar estaquillas a carón das árbores recien plantadas co fin de protexelas no momento do desbroce. 

premio innovagal

 

 

 

 

 

Acto de renovación do pacto de custodia, no que participaron os representantes de Voz Natura, que se achegaron desde A Coruña para acompañarnos neste emotivo acto onde o alumnado de 2º Bac, xa de saída deste centro, deulle ao alumnado de 1º ESO, o relevo coa responsabilidade de manter vivo este proxecto. Convenio