Curso 2018/19:Restauración do bosque autóctono

Actividade principal do proxecto: "Recuperación dun bosque" na finca de custodia.

Repetimos metodoloxía; traballamos en cooperación cos estudantes de Ciclos da Escola de Lourizán.

Xornada de traballo conxunta: o día 15 de novembro de 2018 de 9 da mañá a 14:20.

As brigadas mixtas formadas por alumnado de Lourizán e mais alumnado ESO do IES Ponte Caldelas fixeron os seguintes traballos:

  • ---Eliminación de especies invasoras (Eucaliptus globulus e Acacia dealbata) 1000 exemplares
  • ---Plantación de árbores (Quercus robur, Quercus suber, Fraxinus excelsior, Acer pseudoplatanus)  arbustos (Crataegus monogyna, Laurus nobilis, Arbutus unedo, Ilex aquifolium)
  • ---Marcaxe de tres cadrantes experimentais de 2 x 2 m para o seguimento da xerminación
  • ---A Escola de Lourizán proporcionou e instalou protectores para cada planta contra o ataque de coello ou cabras.
  • ---En todo momento os traballos estiveron asesorados polo profesorado de Lourizán, as profesoras do IES, a enxeñeira forestal de A Rente do Chan e os vixiantes dos recursos naturais da conca do río Verdugo.

 

 

 

A base deste traballo colaborativo entre as dúas escolas, o CFEA (Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán), co alumnado do Ciclo Medio de Aproveitamento e Xestión do Medio Natural e mais do Ciclo Superior de Xestión Forestal  de Lourizán , e a nosa , é formar brigadas mixtas nas que  os maiores fagan de monitores e aprendan aos pequenos a facer traballos de campo, plantar, sementar, ademais de axudarlles a valorar o medio ambiente e a diversidade vexetal.

Con estas actividades cooperativas pretendemos que o alumnado conquira un vínculo especial co territorio, aprenda a traballar en equipo e goce da natureza.

 

De verde, os estudantes de Ciclos. 

 

 

 

Neste proxecto ten cabida todo o alumnado. As actividades que realizamos son motivadoras e relaxantes, máis relacionadas coa concienciación e coas emocións. Extraer plantiñas de especies foráneas pode ser unha actividade complementaria co traballo de aula. Plantar árbores e sementar nun equipo formado por compañeiros/as e por futuros capataces xa de 18 anos ou máis que á vez están facendo de monitores, é unha actividade que non se esquece.

 

É un momento para o medio rural moi incerto, cun actual e progresivo estado de abandono. Precísanse proxectos esperanzadores e realistas que aseguren un futuro respectuoso co medio ambiente.

 

 

Adxuntamos informes de traballos de campo

Descarga
Informe dos traballos de campo
Informe elaborado por alumnado da Escola de lourizán
Informe 1 Brigadas.pdf
Documento Adobe Acrobat 181.6 KB
Descarga
Informe dos traballos de campo
Informe elaborado por alumnado da Escola de Lourizán
Informe 2 Brigadas.pdf
Documento Adobe Acrobat 324.2 KB