Proxecto comunidade

Proxecto comunidade surxe a partir dos procesos de investigación sobre patrimonio cultural e natural dos cursos anteriores. Parecéunos que o noso alumnado ten moita facilidade para sacar a luz a sabidura que inda vive no recordo dos familiares e veciños das aldeas onde viven. E ese patrimonio é importante que sexa recuperado e valorado co deseño e realización de produtos interactivos, divertidos e dixitais que axuden a recoñecer o valor do noso pasado, dos traballos que levan realizando os nosos ancestros varia dúcias de anos atrás. Deso se trata neste caso, de recuperar os traballos que se realizaban de xeito comunal, traballos difíciles de levar a bo término de xeito individual. Así quixemos investigar qué traballos se facían comunalmente, cómo se organizaban, quenes quedaban, cómo se lles recompensaba e finalmente as formas de ocio, o baile e o cante, relacionados con eses traballos. 

A METODOLOXÍA

 

A metodoloxía que utilizamos é a Inicio | SEM@s (aranzadi-zientziak.org), de recuperación de Memoria Histórica. Consiste nunha recollida de información a partir dun cuestionario que recolla os traballos comunais. Unha posterior análise desta información e uns traballos finais creativos que representen e valoricen o esforzo dos nosos ancestros. Nesta web exporemos os traballos finais creativos. Fotos, pod-cast e informes en pdf.

O punto de partida deste proxecto foi a exposición do seguinte Genially entre os cursos participantes. A partires de aí, cada profe deseñou as entrevistas e grabacións a facer na familia. 

Recolleita de fotos para Ponte nas Ondas

Participamos no proxecto de "Imaxes do Patrimonio" de Ponte nas Ondas, recollendo imaxes de antes do 1970. Seleccionamos as mellores fotos que pertencen ao noso pasado:

Fotos de bailes e danzas.

Fotos que representen os traballos coas vacas.

Fotos de xente.

Pod-cast realizados no proxecto Comunidade en 4º ESO. 

 

Na materia de Historia, coa profesora María Eslava, recolleron información e elaboraron un traballo sobre a influencia de Franco na época e nos traballos comunais. Sobre esa información, elaboraron pod-cast na materia de Tecnoloxía, coa profesora Isabel Torres, para presentar a Ponte nas Ondas e en Radio Nova, radio local. Os pod-cast os podedes escoitar nestos enlaces. 

 

(12) RADIO NOVA - ESTUDIANTES DO IES DE PONTE CALDELAS LÁNZANSE ÁS... | Facebook

(12) Ponte nas ondas - 🎙️ O alumnado do IES de Ponte Caldelas brinca ás... | Facebook

TRABALLO CREATIVO

 

Utilizamos unha aplicación informática desenvolta na Universidade de Chicago, Knight Label, para comparar as fotos orixinais recollidas para Ponte nas Ondas, e comparalas coas transformadas na aula de plástica. O resultado visualízase ao mover a cortina para un lado e para o outro.