aCHEGAS de lingua galega e lingua castelá ao proxecto

Os departamentos de Lingua galega e Lingua castelá incorporamos "O Monte Vivo" ao noso proxecto TIL (Tratamento Integrado Das Linguas) desenvolvido en 1º da ESO a partir de finais de 2ª avaliación.

A imbricación de ambos proxectos fíxose fundamentalmente introducindo contidos de temática ambiental nas dúas unidades TIL deseñadas: "Revolución Literaria" e "O noso xornal".

Creáronse relatos e poemas con temática ambiental, que foron ilustrados na aula de Plástica. E introducimos o "Monte Vivo" como unha das seccións de"O noso Telexornal"