"TRALAS PEGADAS DO VOLFRAMIO"

CONTEXTUALIZADO NO MARCO NO PROXECTO "POLO RÍO VAI E VÉN"

ENTRE O IES DE PONTE CALDELAS E O IES DE SOUTOMAIOR

O Proxecto Volframio nace co propósito de investigar desde varias materias diferentes a importancia deste metal nun contexto de guerra mundial, sendo afectadas varias das comarcas cercanas ao instituto. Moitos lugares transformaron o seu xeito de vivir rural para pasar a  ser produtores mineiros. A actividade de extracción incluía  a picaresca de sacar parte do mineral extraido para o contrabando. 

Desde que se fixo a proposta, para 4º da ESO, fóronse acoplando varias materias que investigan cada unha desde o seu enfoque e en varios cursos diferentes este proceso.

Desde o departamento de Bioloxía investígase a produción mineira e o impacto ambiental, desde a Tecnoloxía as aplicacións do Volframio, ciencias sociais e lingua galega están a recoller testemuñas que nos expliquen o proceso de extracción deste mineral e a importancia estrátexica que tivo na II guerra mundial.

Trátase dun proxecto multidisciplinar. As profesoras participantes son: María Eslava e Susana Trigo de Xeografía e Historia, Cristina Regueira de Economia, Chus Diéguez, Olalla Liñares e Sabela Otero de Lingua Galega, Isabel Torres de Tecnoloxía  e Saleta Arcos de Bioloxía-Xeoloxía.

ESTE PROXECTO FOI PREMIADO POLA XUNTA DE GALICIA COMO PROXECTO EXCELENTE DE INNOVACIÓN EDUCATIVA EN DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA:

 

o ouro negro: o volframio

O Volframio é un mineral dos considerados raros, é escaso e ten propiedades particulares que o fixeron especialmente interesante na 2ª Guerra Mundial. Tivo unha importancia vital para os nazis no terreo militar xa que endurecía o aceiro e aumentaba a súa capacidade de penetración, polo que era empregado na cabeza dos seus proxectís e nas blindaxes dos tanques.

Isto foi moi relevante para o Estado español, xa que só existían minas deste recurso estratéxico no extremo oriente, explotadas polos aliados, e na Galiza, onde a ditadura de Franco alternaba a neutralidade coa non belixerancia na 2º Guerra Mundial. O fürer alemán reclamou ao goberno franquista, como cobro pola axuda prestada durante a guerra civil, autorización para explotar este metal en minas como as de O Casaio, Fontao ou Lousame. Así comezan os envíos de ouro negro a través do porto de Rande, a explotación das minas con man de obra de presos republicanos, o auxe do estraperlo e o bulir de espías na Galiza. 

A guerra do Volframio deixa tinguida de negro unha época que languidece co fin do conflito, onde se barallou até unha posible invasión estadounidense para frear este comercio, e deixa sementada de minas pantasmas a paisaxe da Galiza.

videos resumo dos traballos realizados acerca do volframio en 2º e 4º eso

No seguinte video montamos varios dos traballos realizados polo alumnado de 2º e 4º da ESO do IES de Ponte Caldelas para ofrecerlle información visual ao IES de Soutomaior. Participaron alumnado de 4º ESO que cursaron o curso anterior 3ºPDC, matriculados en Tecnoloxía e TIC. Tamén alumnado de 2º ESO de Tecnoloxía. 

visita dos irmáns trigo ao ies de ponte caldelas

Debido ao interés que suscitou a lectura de varios dos comics destos irmáns tan interesantes, propuxémoslles vir dar unha charla acerca da realización dos comics baseados na búsqueda do Volframio durante a segunda guerra mundial. Esta búsqueda encheu a cidade de Vigo de espias que querían conseguir información. Houbo disparos, submarinos e barcos implicados e franceses, ingleses e alemáns polo medio. Un irmán charlou acerca da historia e o outro debuxaba en tempo real debuxos de barcos e submarinos. Moi interesante no conxunto. Deixamos un video que representa  o proceder destes dous vigueses.

debuxos realizados polo alumnado de 2ºeso

Recolleitas de lendas ao redor das minas de volframio

Recollemos algunha historia acerca das minas de Volframio e os musicamos en voz de Lara Pazos, alumna de 4º da ESO.

No seguinte audio podedes escoitar a o avó de Ander Blanco de 4º ESO entrevistado polo seu neto. Eles viven en Cuñas, onde está situada unha mina antiga. Actualmente non se pode acceder a ela.

No es posible ver el contenido de Powr.io debido a tu configuración de cookies actual. Haz clic en la Política de cookies (funcional y marketing) para aceptar la Política de cookies de Powr.io y poder ver el contenido. Puedes encontrar más información al respecto en la Política de privacidad de Powr.io.

Resultado das investigacións do alumnado de 4º ESO sobre o Volframio

FONTES ORAIS

Dentro do contido dos traballos de investigación realizados polo alumnado de 4º ESO na materia de Ciencias Sociais, valoramos a parte en que preguntaron na casa aos avos e avoas, veciños e veciñas, se tiñan algún recordo do sucedido nestas minas. Apareceron historias moi interesantes que demostraban que as minas de Volframio pertencen á memoria da xente maior que vivíu de preto  a segunda guerra mundial. 

O QUE SE SABE DO VOLFRAMIO

Na época da II guerra mundial o volframio tivo unha gran importancia

outras anécdotas

traballo de 4º eso: o volframio en galicia

No es posible ver el contenido de Powr.io debido a tu configuración de cookies actual. Haz clic en la Política de cookies (funcional y marketing) para aceptar la Política de cookies de Powr.io y poder ver el contenido. Puedes encontrar más información al respecto en la Política de privacidad de Powr.io.

Podcast en 1º Bach lingua galega

Podcasts do alumnado de 1º Bach do IES de Ponte Caldelas con temática:  libros sobre o Volframio

Bioloxía - Xeoloxía 4º eso

localización das minas

Na materia de Bioloxía-Xeoloxía, en 4º ESO buscaron as minas de Volframio e as representaron en Google-earth.

Nos seguintes enlaces podedes acceder a eles:

https://earth.google.com/earth/d/1Ed54RV6oaN07CSfhKJPryrRQIyG45e-v?usp=sharing

Na seguinte imaxen capturada de Google earth, podemos ver a mina de Beariz, unha das minas oficiais máis importante. Como xa vimos na información obtida das testemuñas do alumnado, na Serra do Suido había trozos de este mineral moi difícil de recolectar, esparcidos pola montaña.En época de pobreza e cos alemáns pagando ben, moita xentiña se dedicoue a recollelo, inda en malas condicións. 

economia 4º eso

No es posible ver el contenido de Powr.io debido a tu configuración de cookies actual. Haz clic en la Política de cookies (funcional y marketing) para aceptar la Política de cookies de Powr.io y poder ver el contenido. Puedes encontrar más información al respecto en la Política de privacidad de Powr.io.

MEMORIA HISTÓRICA ACHEGAS DE CIENCIAS SOCIAIS

A aportación desta materia para o proxecto foi enlazar co proceso de descubrir a importancia das minas na época de franco e Hitler, os feitos históricos de represión naquel momento. O video documental recolle as historias de testemuñas das consecuencias da represión franquista en Galicia. Durante a guerra civil e os primeiros anos da posguerra, funcionaron en España unha serie de campos de concentración onde os presos políticos e de guerra eran clasificados. 

montaxes realizados en tic de 4º eso para visualizar a muller na mina

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS: 

Trigo, R. (2021): “Kartoffel”-Gallego-Lobada e Manada de lobos. Cómic. 

 

Errazkin, M. and Martinez, R. (Coords), 2012. Sharing European Memories at school: trabajando con la memoria histórica en el aila. Secuencia didáctica y guía para la implementación. Ed. Sociedad de Ciencias Aranzdi 2012, disponible en: www.memoriesatschool.aranzadi-zientziak.org

fotos da mina de varilongo, santa comba, a coruña

espallamento

Entrevista en Radio Nova :

 

agradecementos

Agradecementos: 

-A todos e todas as testemuñas que colaboraron contando historias ao alumnado. 

-Ás rapazas implicadas na elaboración do documental "Dores", Coral Piñeiro e Maite Martínez, que colaboraron con nós presentándonos o vídeo no noso centro ao alumnado de 1º Bach e 4º ESO.

-Aos irmáns Trigo, autores do comic "Lobada" por vir ao noso centro presentar o libro.

-A Faia Díaz, por permitirnos utilizar material publicado conferencia da XI Xornada de Literatura de Tradición Oral da AELG : “Pendentes de Ouro Negro. Mulleres e Wolframio”.