PRIMEIRO PREMIO INNOVAGAL EN INNOVACIÓN EDUCATIVA PARA O IES DE PONTE CALDELAS

GALERÍA DE FOTOS

O IES de Ponte Caldelas vén de recibir o primeiro premio INNOVAGAL de innovación educativa polo seu

proxecto Da terra á nube : O Monte Vivo. Este certame está convocado pola Consellería de Cultura,

Educación, Formación Profesional e Universidades e premia a traxectoria de compromiso dos centros

coa innovación educativa.

Da terra á nube trátase dunha acción educativa complexa que integra varios proxectos relacionados

entre si e que recolle unha traxectoria pedagóxica de compromiso do IES coa contorna en que se atopa.

Proxecto Terra, Proxecto Ríos, Paisaxe e Sustantibilidade... son un claro exemplo desa andaina de

compromiso que ten sido recoñecida e premiada en anteriores ocasións.

Desde hai uns anos, Monte Vivo é o eixo que artella os proxectos de innovación e parte da resposta da

comunidade educativa de Ponte Caldelas logo da devastadora vaga de incendios que chegou ás portas

do instituto no ano 2017. Consiste na recuperación e coidado do terreo que rodea ao instituto,

propiedade da Comunidade de Montes Veciñais de Cuñas e con quen se ten asinado un innovador

contrato de custodia. Neste proxecto colabora tamén a CFEA de Lourizán, que proporciona experiencia e

dirección técnica, e coa que se realizan labores de limpeza e plantación todos os cursos a partir de

equipos integrados por alumnado de ambos os dous centros. O proxecto ábrese tamén á participación

da asociación ecoloxista local A Rente do Chan, que ofrece a posibilidade de realizar actividades de

voluntariado.

Monte Vivo insírese na programación curricular do centro, abórdase cun enfoque interdisciplinar e

metodoloxías innovadoras e renóvase todos os cursos. Así, por exemplo no 21/22 incorporouse ao

Programa “Voz Natura: Os meandros do Verdugo”, co deseño dun sendeiro para goce da veciñanza que

percorre a área de custodia e que permite visualizar os meandros do río Verdugo, anteriormente ocultos

polos eucaliptos.

Tamén no curso 21/22, e relacionado con Monte Vivo, levouse a cabo o proxecto “Polo río vai e vén: Tras

as pegadas do volframio”, que consistiu en investigar a importancia estratéxica deste metal presente

nos montes do Suído, onde vive parte do alumnado do centro. Os resultados da investigación

verquéronse en productos creativos trasladados logo ao IES de Soutomaior, o que permitiu compartir

procesos entre o alumnado de ambos centros. Esta colaboración recibiu o premio en innovación

educativa en dinamización lingüística pola Xunta de Galicia.

Á posta en valor do patrimonio natural únese o traballo educativo co patrimonio inmaterial. Nesta liña

insírese o proxecto Patrimoni...ando, abordado tamén como un labor de investigación do alumnado a

partir dunha metodoloxía innovadora: a hiperaula. As familias convértense en fontes de información,

favorecendo así un diálogo interxeracional que fomenta a súa implicación no proceso educativo. Estas

actividades mereceron o premio da “Escola Viva” en innovación educativa.

En todos os proxectos búscase a sensibilización do alumnado cara á riqueza natural, etnográfica e

patrimonial da contorna en que vive, así como a creación dunha conciencia cidadá crítica e participativa.

En todos eles búscase converter o alumnado en motor activo da súa aprendizaxe , para o que se utilizan

metodoloxías innovadoras que conxugan o proceso de investigación coa utilización das TIC como

ferramenta básica de elaboración de produtos creativos que logo serán divulgados entre a comunidade

educativa.

O desenvolvemento dos proxectos implica a participación dunha parte importante do claustro do IES de

Ponte Caldelas e pon de manifesto a súa aposta pola innovación educativa.

Pódese ampliar información en : Custodiamos o territorio que nos rodea - Página web de isabeltorres

(jimdofree.com)

ACTO DE PRESENTACIÓN DO PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA NO IES DE PONTE CALDELAS

 

O día 21 de abril as 11 da mañan, presentamos no salón de actos do centro, o premio innovagal á par de renovar o convenio de custodia cos organismos participantes e, incluso, algún máis como o concello de Ponte Caldelas que vai participar  aportando a limpeza de mato dunha zona en concreto. 

Participaran, no acto, o alumnado que comezou o proxecto, actualmente cursando 2º Bac e os que comezan a súa traxectoria neste centro, o alumnado de 1º ESO. 

Artigos de prensa : la voz de galicia, Diario de pontevedra, pontevedra viva e faro de vigo

Artigo do Faro de Vigo que podes mirar no seguinte enlace: 

“Da terra á nube” del IES de Ponte Caldelas, premio Innovagal - Faro de Vigo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Artigo no xornal Pontevedra Viva, podes ampliar aqui: El IES Ponte Caldelas recibe el premio INNOVAGAL de innovación educativa por 'Da terra á nube: O Monte Vivo' - Pontevedra Viva

Na radio Radio Nova de A Lama: 

Artigo en Nós Diario