O Monte Vivo durante o curso 2019/20

Continuamos no Plan proxecta co título do "O Monte Vivo" un ano máis sabedoras de que os traballos de concienciación son a longo prazo e é necesario unha continuidade para que impregnen ao alumnado de respecto polo medio ambiente así como que valoren os traballos de rexeneración do monte como necesarios.

 

Neste curso escolar 2019/20 traballamos na xornada conxunta plantando máis árbores onde non foran adiante os anteriores e aumentamos a zona de custodia. Nunha reunión previa cos profesores de Lourizán, José Antonio Gres e Carmela Alfonso decidimos qué planta traer e onde plantala, así como os traballos de limpeza precisos previos.

O 23 de Outubro foi o día escollido entre ambos centros educativos para facer a xornada conxunta por equipo formados por membros de ambolos dous centros. O alumnado de Lourizán tiñan o rol de monitores dos do IES. O obxetivo é concienciar aos pequenos da importancia da biodiversidade para a prevención  de lumes forestais que impliquen riscos para as nosas vidas.

 

 As brigadas mixtas fixeron os seguintes traballos: 

● Eliminación de especies invasoras (Eucaliptus globulus e Acacia

dealbata) aproximadamente 1000 exemplares.

● Plantación de árbores (Quercus robur, Quercus suber, Fraxinus

excelsior, Acer pseudoplatanus), arbustos (Crataegus monogyna, Laurus

nobilis, Arbutus unedo, Ruscus aculeatus, Ilex aquifolium) e Hypericum

perforatum.

● Sementeira de Quercus robur, Arbutus unedo, Laurus nobilis e Ilex

aquifolium.

● A Escola de Lourizán proporcionou e instalou protectores para cada

planta contra o ataque de coellos ou cabras.

 

Fotos da xornada co CFEA de Lourizán do 23 de Outubro



VISITA AO CENTRO DE ESTUDOS cFEa DE loURIZÁN

Coa recompensa económica de 1000 euros recibida polo Accesit de Innovación dentro dos Plan Proxecta de 2019, programamos unha visita aos nosos colaboradores da zona de custodia, os profesores e alumnado do centro CFEA que nos fixeron de guías do xardín do pazo de Lourizan, os centros de investigación que ali teñen e ao centro de estudos. 

A saída didáctica foi  o 22 de xaneiro cos alumnos de 2º e 3º da ESO que son os que levan participando dous anos seguidos no proxecto. Incluímos un traballo práctico de arrincado de plantas invasoras como devolución solidaria do esforzo que anualmente fan  e a cumprimentación dunha enquisa elaborada polos estudantes do centro sobre a visita.

Enlace fotos visita Lourizán


Fundación Biodiversidade


Xunto coa asociación A rente do Chan solicitamos a  Fundación Biodiversidade un proxecto moi interesante para limpar a zona de custodia ata o río, formando así un espazo único de expansión de Ponte Caldelas e didáctico para os centros escolares da zona. O proxecto non foi concedido este ano pero seguiremos intentado. Adxuntamos o proxecto: Proxecto