Actividades de monte vivo no curso 23/24

Neste curso o primeiro que fixemos foi unha evaluación do estado da zona de custodia. Reuníndonos, como cada ano, as profesoras de CFEA de Lourizán, os axentes Garda Ríos da Consellería de Medio Ambiente, representantes da CCMM de Cuñas e profesoras do IES, detectamos que polo momento era suficiente o número de árbores plantados para formar un bosquete, sendo máis necesaria a limpeza da zona para acadar un acceso doado para o alumnado, a eliminación de pirófitas nunha redonda de 50 m(prevención lumes) e a marcaxe das árbores para poder identificalas. 

Actividades da xornada conxunta entre o alumnado do IES e o de CFEA de Lourizán, realizadas o día 15 de novembro de 2023. 

Os obxectivos dese día foron: 

-Identificar e marcar as especies de árbores xa plantadas. Unha etiqueta pinchada na estaquilla será suficiente.

-Limpar e marcar os 50 metros de franxa de protección frente aos lumes para que despois os desbrozadores profesionais podan limpar de vexetación pirófita.

-Limpar ao redor de cada árbol para salvalo de toxos e silvas e deixalo liberado. 

-O alumnado de ciclos forestais intentan trasladar a mensaxe da importancia da biodiversidade do bosques como fonte de sustentabilidade así como a importancia da xestión forestal ao noso alumnado.

 

 

Seguimos coa participación no Programa de Voz Natura que nos aporta financiación para a adquisición de ferramenta. 

ACTIVIDADES REALIZADAS O 15 DE NOVEMBRO NA XORNADA CONXUNTA

 

 

 

 

 

 

 

Clavado de estaquillas que marcan a situación da árbore. Neste caso, un érbedo (Arbutus unedo).

Nas seguintes imaxes podemos ver a actividade principal deste día 15 de novembro. A marcaxe de especies cunha clave de cores con etiquetas cravadas na estaquilla.

 

 

 

 

 

 

 

Marcaxe de sobreira plantada xa fai 4 anos. 

 

 

 

 

 

 

 

Limpeza do arredor das árbores plantadas. Eliminación de xesta e toxo para liberar a planta.

Finalmente o día da xornada, tamén disfrutamos de ver recompensado o traballo de concienciación que levamos realizando dende 2017, saúdando a ex-alumnos que entran na escola de Lourizán para aprender a ser monitores medioambientais e xestores do territorio forestal. Esta profesión cremos que vai ser moi necesaria no futuro nesta comarca. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ex-alumnado do IES de Ponte Caldelas, na actualidade realizando estudos de ciclos forestais na escola de Lourizán. Sempre nos enche de orgullo que regresen¡

Problemas de accesibilidade e de medre da vexetación sin control na área de custodia e medidas para solucionalo: 

 

 

 

 

 

 

Nesta imaxen pódese apreciar a dificultade de acceso á área de custodia. Toxos e silvas impiden acceder e intervir nas prantas.

Silvas, xestas e acacias invaden as áreas en custodia.

A solución, polo de agora, foi a limpeza por parte de profesionais do monte, de varias das zonas da área de custodia. Utilizamos, para cumplimentalo, a dotación do premio Innovagal recibido o curso pasado por este proxecto do Monte Vivo. 

 

 

 

 

Os traballos de limpeza subvencionados co premio Innovagal, permiten o acceso a todo o territorio custodiado. 

A técnica utilizada non foi a limpeza "a eito" de toda a maleza, senón que se limparon camiños de acceso á plantación, de xeito que os debroces foron selectivos. 

TRABALLO PROFESIONAL

Reto: descubrir as árbores prantadas os cursos anteriores que quedaron tapadas pola maleza. Profesionais desbrozan quitando toxos e silvas para que bidueiros queden ao descuberto.

ACTIVIDADES EN AULA

As actividades de aula que completan esta educación ambiental "in situ", son todas en referencia a valorar a biodiversidade como fonte de riqueza no monte. Xeografía participa nesta idea xunto co departamento de Bioloxía.

A xestión do territorio de xeito dixital, co Visor da Xunta e o Catastro, tamén nos permite que o alumnado aprenda e xestionar o territorio, a medir as súas fincas ou as comunais, e para poder ser persoas responsables e previsoras no medio rural onde viven. En Tecnoloxía aprenden a identificar as súas fincas tanto no Visor da Xunta como no Catastro, elaborando un documento con información acerca destas, medición, historia, usos e toponimias. 

Xestión do territorio desde a materia de Tecnoloxía en 2º ESO. Resultados.

No es posible ver el contenido de Powr.io debido a tu configuración de cookies actual. Haz clic en la Política de cookies (funcional y marketing) para aceptar la Política de cookies de Powr.io y poder ver el contenido. Puedes encontrar más información al respecto en la Política de privacidad de Powr.io.

TRABALLOS NA MATERIA DE FRANCÉS

 

Na materia de francés en 4º ESO, realizaron traballos acerca do bosque primario en Rumania. Os resultados móstranse a continuación:

No es posible ver el contenido de Powr.io debido a tu configuración de cookies actual. Haz clic en la Política de cookies (funcional y marketing) para aceptar la Política de cookies de Powr.io y poder ver el contenido. Puedes encontrar más información al respecto en la Política de privacidad de Powr.io.
No es posible ver el contenido de Powr.io debido a tu configuración de cookies actual. Haz clic en la Política de cookies (funcional y marketing) para aceptar la Política de cookies de Powr.io y poder ver el contenido. Puedes encontrar más información al respecto en la Política de privacidad de Powr.io.
No es posible ver el contenido de Powr.io debido a tu configuración de cookies actual. Haz clic en la Política de cookies (funcional y marketing) para aceptar la Política de cookies de Powr.io y poder ver el contenido. Puedes encontrar más información al respecto en la Política de privacidad de Powr.io.

TALLER DE "PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS"

 

No mes de Marzo realizouse, no marco do Monte Vivo, un taller onde se pintaron árbores de xeito abstracto. O alumnado implicado foi de 1º ESO. Esta actividade foi organizada dende Vicedirección. 

Participación en ciencia cidadá.

Participamos no marco do Programa Voz Natura, en Vixiantes do Solo, recollendo mostras de terra da parcela de Monte Vivo, para analizar o seu estado de saúde. Somos parte da elaboración dun mapa nacional sobre a saúde dos nosos solos. A coordinación deste Programa de ciencia cidadá está feita dende o departamento de Bioloxía. 

 

 

VISITA DO ALUMNADO DE PRIMARIA. ACTIVIDADE DIDÁCTICA.

 

O 26 de abril de 2024, sube o alumnado de 6º  de primaria dos coles da Reigosa e de Ponte Caldelas, visitar o proxecto do Monte Vivo. O noso alumnado de 4º ESO de Dixitalización preparou un guión para explicarlles o proxecto actuando de monitores. Tamén prepararon unha serie de retos que teñen que cumplir, preguntas correspondentes á explicación. 

Presentamos un guión da actividade:

Alumnado de 4º ESO exercendo de monitores do alumnado de 5º de primaria.
Alumnado de 4º ESO exercendo de monitores do alumnado de 5º de primaria.

ESPALLAMENTO DO PROXECTO EN CONGRESOS INTERNACIONAIS

 

 

 

 

 

 

 

Xunto con profesoras de CFEA de Lourizán e A Rente do Chan, presentamos no Congreso EDUCATION TO LIVE WITH FIRE, EDUCAR PARA CONVIVIR CON EL FUEGO, o proxecto do Monte Vivo como exemplo dunha posible educación integrada no territorio. O título da conferencia foi: O MONTE VIVO NO IES DE PONTE CALDELAS: UNHA EXPERIENCIA DE CUSTODIA DO TERRITORIO E SOSTENIBILIDADE FORESTAL NUN INSTITUTO RURAL.

 

 

 

 

Presentamos o proxecto Monte Vivo no Congreso Internacional de Ponte nas Ondas :  "PATRIMONIO CULTURAL  INMATERIAL E EDUCACIÓN", presentando a comunicación : "Monte Vivo, un proxecto multidisciplinar de concienciación ambiental e recuperación do patrimonio".