Traballos co Visor da Xunta: Traballamos o Territorio

En 3º da ESO deseñamos unha actividade que nos pareceu moi interesante no senso de que apodera ao alumnado de cara a tomar decisións no futuro, implicando o coñecemento da xestión do territorio no que vive e que lles pertence. O territorio de cada quen

A traves de exercicios inicialmente de aprendizaxe, posteriormente de afianzamento de habilidades dixitais, traballamos co Visor Xeográfico Da Xunta, ferramenta que nos permite acceder a unha información completa e detallada sobre espazos naturais e biodiversidade de Galicia, poñendo á nosa disposición información relativa á superficie e á localización de fincas por referencias catastrais permitindo así que o alumnado traballe o seu territorio, a parroquia onde vive, a distribución das leiras, a proximidade do monte e os usos antigos e actuais utilizando mapas do voo americano dos anos cincuenta.

Aproveitamos esta actividade para facer unha recollida de información patrimonial: fontes, petos, pontellas e de toponimia. Este traballo fíxose en equipo co departamento de Ciencias Sociais, no marco do plan Proxecto Terra, O Territorio e o patrimonio, unha achega interdisciplinar”.

Enviamos unha petición ás familias para contar coa súa colaboración e, sen problema, trouxeron referencias catastrais para poñernos en marcha. 

 

As seguintes imaxes foron escollidas entre os traballos de investigación realizados.

 

 

 

 

TRABALLOS SOBRE O TERRITORIO REALIZADOS POLO ALUMNADO DE 3º DA ESO

Descarga
Traballo Terrritorio 1
O Territorio.pdf
Documento Adobe Acrobat 1.1 MB
Descarga
Traballo Territorio 2
Miña casa e finca.pdf
Documento Adobe Acrobat 90.4 KB
Descarga
Traballo Territorio 3
O MEU TERRITORIO-4.pdf
Documento Adobe Acrobat 2.5 MB
Descarga
Traballo Territorio 4
O MEU TERRITORIO-3.pdf
Documento Adobe Acrobat 243.2 KB
Descarga
Traballo Territorio 5
O meu territorio.pdf
Documento Adobe Acrobat 110.3 KB