Custodiamos o territorio que nos rodea

IES de Ponte Caldelas


O contrato de custodia nos compromete a limpar de eucaliptos a zona, coidar as árbores plantadas e concienciar sobre a importancia de respectar o medio ambiente.

ESCOLA DE LOURIZAN


Os alumnos de Ciclos Medio e Superior do CFEA en Lourizán, veñen cada ano traballar na área de custodia xunto con nós. Limpan o terreo de árbores queimadas e facilítannos todos os traballos duros.

COMUNIDADE DE MONTES DE CUÑAS


A Comunidade de Montes de Cuñas son os propietarios das fincas que se queimaron no lume de outubro do 2017. Eles queren cedernos eses terreos para facer prácticas educativas e convertelos nun bosque autóctono.


Que queremos?

Este proxecto multidisciplinar ten como finalidade concienciar sobre a importancia da conservación dos ecosistemas forestais autóctonos, así como alertar da situación de abandono e falta de xestión do monte que estamos a vivir, e as nefastas consecuencias disto, como por exemplo os lumes forestais.


Como traballamos por proxectos?

Neste centro educativo hai unha longa tradición de traballar a nosa contorna, sobre todo a nivel patrimonial. Recuperouse o coñecido Camiño dos Arrieiros, fixéronse estudos da Alameda de Ponte Caldelas, estudáronse os camiños e diferentes elementos  patrimoniais que os tres concellos en que vive o noso alumnado, A Lama, Fornelos de Montes e Ponte Caldelas, posúen en abundancia. Levamos un premio polo estudo "Os pasos do río Verdugo"neste curso escolar e o curso pasado un premio por un traballo de recollida de Patrimonio Inmaterial con Ponte nas Ondas.

Solicitamos neste curso 2018/19 o plan proxecta "O Monte Vivo" e comezamos.

Os departamentos máis implicados fomos Bioloxía - Xeoloxía e Tecnoloxía e funcionamos a base de reunións semanais onde organizamos as actividades por módulos : os traballos de campo, as visitas e as exposicións. Implicáronse enseguida os departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá introducindo a temática medioambiental dentro do proxecto TIL. Ciencias Sociais estivo presente neste plan coa confluencia da temática do Territorio e o Patrimonio co Proxecta Terra en 3º da ESO. As titorías participaron saindo a apoiar os traballos de manteñemento. Todo o instituto veuse involucrado dalgún xeito.

 

ACCESIT CONCEDIDO POLO PLAN PROXECTA NO

CONCURSO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

 

Pulsa aqui para obter máis información